Foros » Novas » Novas » Estudios históricos |
Estudios históricos |
Redacción | 25/09/21 - 04:45:51 PM | #1 |
|
Administrador
Activación: 05-Oct 06 Mensaxes: 298 | Xosé Miguel Suárez Fernández presenta Como augua de torbón
El domingo 3 d’outubre, ás doce y media da mañá, preséntase nel Auditorio de Tapia el obra Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d'Asturias, de Xosé Miguel Suárez Fernández. El libro é el resultao de sete anos de trabayo del historiador tapiego combinando el estudio das fontes documentales escritas cua recoyida de testimonios orales dos familiares das víctimas. Precisamente, na presentación han a participar netos de dalgúas das víctimas mortales das que se fala nel llibro. El obra presenta el contexto histórico da zona nos anos da Segunda República y dá dalgús apuntes sobre el movemento político y sindical local conceyo a conceyo. Tamén cunta dos poucos días en que funcionaron na zona os comités de guerra y del avance da columna del comandante golpista Ceano dende Galicia. Foron os dirixentes y afiliaos ás organizacióis d’esquerdas os que sufriron a represión posterior al ocupación del territorio noroccidental d’Asturias polas tropas rebeldes. Cítanse ún por ún todos os casos que se puideron localizar de personas asesinadas, fusiladas, mortas nel frente nas filas da República, presas, exiliadas, condenadas a batallóis de soldaos trabayadores ou escondidas. Na segunda parte del obra ofrécense cen biografías máis detalladas de dalgúas d’esas víctimas. En total, cuase 800 páxinas d’un recorrido por úa parte da historia del estremo máis occidental d’Asturias que taba por investigar d’un xeito sistemático.
[image=http://www.falaviva.net/uploads/cartel como augua de torbón.jpeg] | |
| |
|