Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Mayo 2023»
DoMaXoVe
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Enseño#536
Redacción
Administrador

Fecha 22/01/16 - 06:25:25 PM
http://www.falaviva.net/uploads/diadasciencias.jpg


Publícase el libro cos materiales didácticos del VI Día das Ciencias Asturianas


   Nun panorama como el del galego-asturiano, con tan poucas publicacióis, hai que reseñar a edición del libro bilingüe VI Día de les Ciencies Asturianes / VI Día das Ciencias Asturianas. Trátase d’úa edición non venal qu’edita a Conseyeiría d’Educación y Cultura y que se pode descargar en PDF na súa web. 

    A Dirección Xeneral de Planificación Lingüística y Normalización amaña cada ano el Día das Ciencias Asturianas, col obxetivo de fomentar dende a óptica das llinguas minorizadas d’Asturias el uso responsable da ciencia en beneficio da sociedá. Nel 2015, col lema Meteoroloxía y releve en Asturias, houbo úa conferencia del xeólogo Pedro Farias y un encontro del meteorólogo David Arango cos alumnos nel Teatro da Laboral.

    Amañáronse amáis úas unidaes didácticas pra Primaria y pra Secundaria sobre meteoroloxía que trabayaban dende as competencias llngüísticas y literarias hasta as tecnolóxicas, pasando polas sociales. Todos os materiales fixéronse tanto en asturiano como en galego-asturiano. El libro recoye núa edición bilingüe esas unidades.
0 Comentarios32416 Lecturas

Normalización: ordenanzas#535
Redacción
Administrador

Fecha 10/01/16 - 05:25:25 PM
El Conceyo da Veiga aproba as primeiras ordenanzas pral uso del galego-asturiano


    El Conceyo da Veiga aprobóu nel último pleno del ano 2015 as ordenanzas pral uso del galego-asturiano nel consistorio, dando un paso máis nos avances normalizadores qu’os sous responsables vían demostrando nos últimos meses (publicación del Axenda Cultural en galego-asturiano y uso oral d’esta lingua nas declaracióis a os medios de comunicación, entre outros).

    El aprobación das ordenanzas marca un punto y aparte neste proceso en toda a contornada, y  fai da Veiga el primeiro conceyo en regular y ordenar el uso da nosa lingua nel administración local. Ademáis de velar polos deretos máis básicos dos falantes, as ordenanzas tein un afán normalizador y normativizador grande, con intencióis como publicar os bandos, impresos, folletos, etc. en galego-asturiano y casteyano, coa posibilidá de qu’ese mesmo bilingüismo s’use pra normativas del conceyo ou d’entidades conceyiles ou en comunicacióis con outras administracióis.

    Entre os aspectos máis destacados da ordenanza (y que nun derivan da Lei d’Uso y Promoción del Bable/Asturiano y polo tanto nun esixen el bilingüismo) tán a voluntá de qu’os cargos públicos del conceyo usen el galego-asturiano tanto na Veiga como fora d’ela condo falen por razon del cargo que representan. Tamén se ten en conta a necesidá de cursos pral personal municipal, qu’ha a levar a cabo el Servicio de Normalización Lingüística, que tamén ha a ser quen s’encargue das traduccióis que ye pidan.

    El aceptación por parte das administracióis locales de textos en galego-asturiano era xeneralizao nos conceyos del Navia-Eo, pro taba sin desenvolver ningúa normativa nese sentido. Pol demáis, é conocido el uso tan escaso del galego-asturiano que fain os rexidores locales (a mayoría d’elos falantes de galego-asturiano, pro a os qu’el cargo parece casteyanizar) nas súas intervencióis públicas y a inexistencia de publicacióis en galego-asturiano por parte dos conceyos. 

   El ordenanza desenvolta na Veiga busca faer frente a todas estas omisióis y promocionar y normalizar el uso da nosa lingua, anque muitas das accióis matízanse coa frase «na medida del que seña posible». Del mesmo xeito, garantízayes a os falantes os sous deretos máis fundamentales, qu’hasta agora nun taban recoyíos nayundes.
0 Comentarios32629 Lecturas

Outono en Bual#534
corresponsal
Administrador

Fecha 24/11/15 - 12:35:29 PM
http://www.falaviva.net/uploads/Cartel.jpg



El VIII Outono en Bual programa ben actividades prá ponte de decembre



    As xornadas culturales conocidas como Outono en Bual que s’han a celebrar en Bual (Asturias) entre el venres 4, el sábado 5 y el domingo seis de decembre, pechan el cartel d’este 2015 con abondos concertos, conferencias, talleres, gastronomía, esposicióis y dalgúa qu’outra sopresa prá xente asistente.
    El venres 4, a xornada vei empezar ás 20:00 en Helenias, el local da Frieira xa mítico en Bual unde el ano pasao se celebraron os concertos del Outono. A esta hora, vei ferse a presentación das xornadas y un magosto pra todos os que quiran ir. Este magosto vei ter dúas partes: a primeira, úa representación teatral costumista a cargo del Grupo de Teatro Pico de Faro da Roda (Tapia) que vei llevar por título É así a vida. É a primeira vez en más de 20 anos que se volve fer teatro en Helenias, polo qu’é úa ocasión ben especial. Seguido d’esto, van actuar el grupo de gaitas Os Pampirolos de Grandas, conxunto que lleva xa participando varios anos nel Outono y que nun cansa a os sous seguidores.
    Pral sábado 5, a xornada vei tar mui concurrida, xa que dende a mañá vei haber ben actividades, que s’han a prolongar hasta entrada a noite. Ás 11:30 vei xugarse nel Polideportivo de Bual a ún dos dos deportes tradicionales que más se xugaba na zona cantábrica da Península Ibérica, a biyarda. Este ano vamos contar col I Trofeo Villa de Bual de Biyarda, unde se van enfrentar as seleccióis de Galiza y d'Asturias. Esto é un verdadeiro luxo pra un conceyo como Bual, qu’anque conte con úa asociación de deportes tradicionales, esta nun recibe sempre todo el apoyo que debería. El mesmo sábado, ás 17:30, Llorián García vei presentar a súa esposición fotográfica, que vei tar colgada na Casa da Cultura durante todo el que dure el Outono. Esta esposición lleva por título Re-condiciones, úa reflexón da música tradicional asturiana dende el punto de vista das investigación d’este musicólogo. A parte deportiva del VIII Outono en Bual vei zarrarse ás 16:00 con un taller sobre deportes tradicionales a cargo de Carlos Suari y Alejandro López, dous personaxes relevantes pola súa militancia al hora de recuperar xogos y tradicióis deportivas asturianas.
    Llougo d’este taller, ás 18:00, na mesma Casa da Cultura, Arturo Iglesias Martínez y Jesús García Albá van fer un charla-taller con título A torneiría nel occidente d’Asturias, un repaso teórico y práctico sobre a torneiría, úa forma propia d’entender el trabayo en madera.
Despóis da xornada de tarde, el Asociación Xuvenil Mezá ha a ter preparada a cía. Este ano, y despóis del éxito das edicióis anteriores, vei haber un comedor popular nel que se van poder degustar productos del país y da terra ben cociaos. Haberá menú «omnívoro» y vexetariano pra todos os gustos y os vales han a poder comprarse durante todo el Outono a un precio colaborativo de 10 euros.
    Pr’acabar el día, ás 23:30, van empezar os concertos nel Helenias da Frieira de Bual. Os primeiros en tocar van ser N’Arba, antigo grupo del frontman Xosé Ambás, que vein a Bual a fer as delicias del público. Despóis, ún dos pratos fortes del ano pasao que repite este ano ha a ser el grupo gallego Chotokoeu, que vén de dar úa xira por toda Europa y que remata en Bual el sou periplo continental pra presentar el sou novo disco Sair a voar. El último grupo da noite vei ser La Tarrancha, conxunto de pachanga-ska-folk asturiano que vén a Bual pra presentar un trabayo novo, Elefantes na cacía.
    El domingo, xa pr’acabar col intenso VIII Outono en Bual d’este 2015, vei ferse na Praza da Iglesia un homenaxe a os músicos tradicionales del conceyo ás 12:30, unde han a tar presentes dellos instrumentistas y cantadores da música del país que fixeron tanto polas tradicióis culturales del occidente asturiano y que necesitaban ser reconocidos públicamente. Han a recibir un homenaxe en forma d’úa placa conmemorativa nel centro da villa bualesa.
    A esto, hai que xuntar a novedá da rifa d’úa cesta de productos del país, tanto alimenticios como d’artesanía. As participacióis tán vendéndose y volando nos bares da villa de Bual y el sorteo vei ser el día 6 de decembre. A cesta conta con productos das empresas Embutidos Pico de Fiel, Queixeiría d’Abredo, Queisos Ca Sanchu, Cosmética Terraveya, Cerveza Caleya, Güerta El Nocéu, Artesanía Verdenaz, discos y llibros en gallego-asturiano, ovos de Pitasana, botellas de La Boalesa, productos de Casa Severón de Navia y muitas cousas máis.
Cumple este mini-festival autoxestionao de música, gastronomía, arte y lliteratura oito anos, dende qu’alló pol 2008 organizara en Bual el Asociación Xuvenil Mezá úas modestas actividades col nome d’Outono Cultural. El fin d’este proyecto é motivar y dar un pouco de vida al occidente asturiano y, sobre todo, espertar as mentes d'aquellos que pasan el día delantre da televisión y da cultura institucional. Tamén, este evento quer ser un acto de reivindicación das dúas llinguas tradicionales d'Asturias, el asturiano y el gallego-asturiano, y por esta razón faise tresversal el uso d’ellas nas xornadas, así como a posta en valor da cultura del país y da súa evolución nel siglo XXI, llonxe d’esteriotipos y de clichés impostos por ningún dogma oficial.
    Os actos van ser de baldre. A cultura asequible pral público é a base da filosofía del Asociación Xuvenil Mezá, que xa conseguíu afianzarse y ferse un furaco dentro das entidades organizadoras d’eventos de relevancia cultural en Asturias.



PROGRAMA VIII OUTONO EN BUAL

Venres 4 de decembre
20:00. Magosto cos Pampirolos de Grandas y el obra É así a vida, pol Grupo de Teatro Pico de Faro da Roda (Tapia)

Sábado 5 de decembre
11:30. I Torneo Villa de Bual de Biyarda
12:30. Presentación da esposición fotográfica Re-condiciones de Llorián García
16:00. Taller de deportes tradicionales con Carlos Suari y Alejandro López
18:00. Charla-taller: A torneiría nel occidente d’Asturias, con Arturo Iglesias y Jesús García Albá
20:45. Cía popular (con reserva)
23:30. Concertos: N’Arba + Chotokoeu + La Tarrancha

Domingo 6 de decembre
12:30. Homenaxe a músicos tradicionales del conceyo de Bual
   





Contacto del organización: mezabual@gmail.com ou eloutono@gmail.com
0 Comentarios32823 Lecturas

Enseño#533
corresponsal
Administrador

Fecha 23/11/15 - 08:04:09 PM
190 nenos y nenas da Caridá y Tapia tán sin docente de Gallego-Asturiano


     As búas intencióis del conseyeiro d’Educación y Cultura pa col noso idioma (apertura del curso escolar en Tapia llendo al Galano, petición da especialidá ante el ministro del ramo ou a promesa da xeneralización da súa enseñanza na Educación infantil) nun tán repercutindo  nos cerca de douscentos alumnos de Gallego-Asturiano das escolas Príncipe d'Asturias de Tapia y Jesus Álvarez Valdés da Caridá, que llevan dende primeiros d’outubre sin recibir el asignatura, al nun  tar a Conseyeiría cubrindo a baxa da maestra titular.

    A falta da reconocencia como especialidá docente del asignatura fai qu'el acceso dos maestros ás prazas nun seña por oposición como nel resto d’áreas, senón por medio d'úa bolsa de trabayo qu'a día d'hoi ta acabada. Quer dicirse, nun hai ningún docente dispoñible na llista pra cubrir a baxa.

    Nestos momentos, el única solución é abrir a bolsa pra qu'entren novos titulaos y poda reconducirse úa situación que deixa patente a mala planificación educativa dos nosos responsables nesta xeira.
0 Comentarios31795 Lecturas

Normalización#532
corresponsal
Administrador

Fecha 07/11/15 - 07:01:50 PM
http://www.falaviva.net/uploads/cultura.jpg


El Conceyo da Veiga publica a súa Axenda Cultural en galego-asturiano


     Pode parecer qu'algo tan normal nun tía que ser novedá, pro, como todos sabemos, el uso del galego-asturiano por parte dos Conceyos da nosa comarca nas súas publicacióis é mínimo, y a publicación del Axenda Cultural del mes de novembre por parte da Conceyalía de Cultura del consistorio veigueño supón úa importante nova nel campo da normalización lingüística.

    El boletín del Axenda Cultural usa tamen el casteyano pra nomar as distintas actividades y pódese consultar nel perfil oficial da Conceyalía de Cultura en redes sociales.

     Por outro lao, tamen é novedá el uso del galego-asturiano en declaracióis a medios de comunicación como a TPA ou a ORT por parte d'úa autoridá pública como é el conceyal de Cultura veigueño, Abel Pérez.   

     É úa pena que nun cunda el exemplo entre el resto de responsables públicos dos conceyos del Navia-Eo, qu'as súas actividades a favor da dignificación del galego-asturiano son cuasemente inexistentes. Podían fer muito namáis con falar nos medios de comunicación igual que falan fora del micrófono, sin vergonza d'usar a lingua da terra.
0 Comentarios32542 Lecturas

Enseño#531
corresponsal
Administrador

Fecha 06/11/15 - 04:27:48 PM
http://www.falaviva.net/uploads/florias1.jpg


Investigando con Herbas y florías


   Nel último trimestre del curso pasao, os alumnos del primeiro da ESO de Galego-Asturiano y a profe del IES da Veiga tuvemos fendo trabayo de campo. El noso proyecto consistía en trabayar sobre distintas especies de prantas da nosa zona. Valíndonos das propostas del blog Herbas y florías y dándoye un uso pedagóxico –por fin– a os nosos móviles d’ultimísima xeneración, investigamos na flora autóctona. Buscábamos el herba ou flor, retratábamola, perguntábamos por ela na casa y a todos os vecíos (del lugar) que podésemos y tríamos os nomes que yes daba ás diferentes prantas nel noso poblo. A profe tuvo que marcar como dinámica de trabayo úa serie de normas básicas y, con todo, tuvemos algúa dificultá.

   Os pasos que seguimos eran estos: a profe pasábanos úa foto da pranta al teléfono móvil (sin nome, claro), buscábamola unde vivimos y, se nun la houbera ou nun la atopábamos, paralizábamos a encuesta y tirábamos d’outra especie. Era un mínimo de cinco encuestaos por pranta, que tíamos qu’asegurarnos de qu’eran del lugar y de non menos de corenta anos. Sacábamos úa foto da flor ou herba qu’atopábamos ou tríamola á clase.

    Con úa selección de florías fixemos marcapáxinas y un mural. Nel marcapáxinas puxemos el nome da flor, a estación, el ano, os nosos nomes y el nome da profesora. Pra eso tuvemos secando as flores y herbías (en algún caso con resultaos mui decepcionantes). Pro el resultao final foi mui gratificante. Tábamos entusiasmaos col trabayo y discutíamos na clase cos distintos nomes que tuvéramos recoyendo.


http://www.falaviva.net/uploads/florias2.jpg


    Un bon mañucín de nomes de prantas nun se nos han a esqueicer. Os nomes que saliron como cebo pra empezar a investigacion solo foron el empezo d’un gran labor. Como nun queríamos vir cuas maos baleiras, se nun atopábamos a pranta, tríamos outras y pouco a pouco fóisenos indo un pouco todo das maos... El fin del trabayo marcóulo el fin de curso, nin el material nin el noso agayo.

     Os resultados da nosa investigación imos mandalos al blog Herbas y florías pra qu'esa información pase a tar nas listas de nomes populares das prantas estudiadas nél.


[Reportaxe feito polos alumnos de Galego-Asturiano de 2.º da ESO del Instituto da Veiga]
0 Comentarios31131 Lecturas

Dialectoloxía#530
Redacción
Administrador

Fecha 02/11/15 - 02:17:02 PM
http://www.falaviva.net/uploads/atlasonoro.jpg


El Atlas Sonoro del Museo del Poblo d’Asturias incluye agora grabacióis en galego-asturiano


   Botábase en falta poder escuitar búas grabacióis de xente falando en galego-asturiano. Agora xa é posible gracias al Atlas Sonoru de la Llingua Asturiana. Trátase d’un proyecto que botóu a andar nel ano 2003 y que s’editaba por entregas en dvd, ademáis de colgarse na web da Rede de Museos Etnográficos d’Asturias. Hasta agora eran grabacióis d’asturiano y d’esta volta bríndanse mostras orales de galego-asturiano. Por desgracia, por causa da crisis, esta entrega namáis salíu pra consulta on-line y de momento nun se vai editar en volume como as outras anteriores.

   Son 32 fragmentos de grabacióis, feitas as máis d’elas por Jesús Suárez López, dacondo acompañao de Fernando Ornosa, José Luis Díaz Alexos, Abel Pérez ou Ángel Prieto. As mostras recoyen grabacióis que van dende el estremo oeste del territorio, no Chao (San Tiso d’Abres), pasando pola Veiga, Taramunde, Santalla d’Ozcos, Samartín d’Ozcos, Pezós, Grandas, Ibias, Ayande, Eilao, Bual, Castripol, Tapia, El Franco y chegando hasta el outra punta del territorio, en Anlleo (Navia). Trátase de grabacióis dixitales de calidá feitas entre el 2007 y el 2013, anque tamén s’ameceron, pol sou interés lingüístico y etnográfico, outras trés de calidá máis ruía feitas con medios analóxicos na segunda metá da década dos anos noventa por Xosé Miguel Suárez Fernández. Pódese descargar en formato pdf el libreto cos datos das grabacióis y todas as trescripcióis, ademáis de levar úa introducción de Suárez Fernández que comenta as características lingüísticas del material que se brinda nesta entrega.

   Por cuestióis editoriales nun se puido cambiar el título xeneral del Atlas, pro aclárase na introducción que se trata de grabacióis d’úa lingua distinta qu'é úa variedá del galego-portugués y non del asturlionés. Nel mapa interactivo tán xebraos claramente os puntos del asturiano y del galego-asturiano, ademáis de tar estremadas as listas de grabacióis y informantes.
0 Comentarios32294 Lecturas

Amostrando 7 Artículos d´un total de 571 [ 1 … 4 5 6 7 8 … 82 ]
« AnteriorSeguinte 7 »
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 16/12/21 06:09:17 PM
» take my online quiz f...
Por: olgarikos Último post
Fecha 25/09/21 04:45:59 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:54 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 25/09/21 04:45:51 PM
» Estudios históricos
Por: Redacción Último post
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post