Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Decembre 2019»
DoMaXoVe
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Eventos pra hoi
Feliz cumpleanos pra cotarelo Que cumple 33 hoi!

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Foros » Novas » Novas » Música
  
Música
corresponsal
Fecha 18/08/15 - 01:38:24 PM#1
Administrador

Activación: 10-Oct 06
Mensaxes: 302
http://www.falaviva.net/uploads/trasnoguinness1.jpg


El Trasno de Cuaña gana el Trofeo Guinness de Percusión en Lorient


   Os mozos y mozas da Banda de Gaitas El Trasno de Cuaña volven del Festival Intercéltico de Lorient (An Oriant en bretón) cansaos peró felices. Nun é pra menos. Nel bagaxe nun train namáis as maletas, os traxes y os intrumentos. Tamén llevan con ellos el Trofeo Internacional Guinness pra Percusión, que ganaron el último día da súa estancia nel festival, el sábado 15 d’agosto, col «Solo number five». Era el última cita d’us días chíos d’actividades, desfiles y concertos. Mialma nun puido poñérseyes miyor ramo.

    Nun día de muito sol, despóis das actuacióis das bandas de gaitas participantes, a media tarde empezaron a salir al campo del estadio Breizh as seccióis de percusión que competían pol trofeo nesa modalidá. Eran seis formacióis d’Irlanda, Escocia y Bretaña, que foron tocando as súas pezas delantre da oyuada atentas dos xueces, que, vistidos cos sous kilts típicos, tomaban nota dos detalles técnicos das interpretacióis. A entrada al campo da formación del Trasno empezóu cua instalación previa por un equipo d’apoyo d’úa txalaparta, tres pratos y tres tubos de pvc dando voltas y remataos con un parche de goma atesao nún dos estremos. Os asturianos xa avisaban de qu’a súa peza nun iba ser miga convencional. Os del Trasno saliron al campo y dispuxéronse con tres panderetas (al cargo de Yobana Álvarez, Sofía Infanzón y Andrea García), tres caxas (Virginia Pérez, Carolina Fernandes y Javi Tejedor, director da banda, que tamén tocaba tambor asturiano), dous timbales (Bárbara Gudín y Cristina Fidalgo, Chefi) y bombo (Miguel Gracia). Pras outras percusióis cuntaban cua colaboración d’un músico adoito como Juanjo Díaz, conocido pola súa trayectoria en grupos folk como La Bandina ou, na actualidá, Cerezal.

    A peza escoyida pra participar foi el «Solo number five», un tema qu’a banda grabóu pral sou disco Axeitín y que Javi Tejedor compuxera pra este mesmo concurso nel 2003. Daquella, dérayes ás bandas Tabladar y La Raitana el segundo posto. D’esta volta, el númaro tía abondas innovacióis en conto a instrumentación y dalgúas partes novas, como úa ben chamadeira na qu’os que tocaban as caxas erguíanlas pra qu’el compañeiro razpiara cos palos os bordóis, arromendando úa especie de scratch. Por eso ye chamaban en broma «Solo number five 2.0».

    Anque el campo de fútbol, un sito aberto sin gradeiríos nun era el máis al xeito pra estremar os matices da interpetación, al xurao nun ye quedóu otro romedio que reconocer a calidá y novedá del conxunto de percusión cuañés. A llectura da clasificación dende el último posto hasta a banda ganadora amecéuye un faraguyo de tensión á final. Condo el presentador dixo el nome da banda que quedara segunda, a Gradlon Pipe Band de Pont-Aven (Bretaña), os compoñentes del grupo cuañés empezaron a ser sabedores de qu’el milagre iba cumprirse. Y asina foi condo se sentíu pola megafonía: «Premier, first..., ¿se dice primero?, ¡Banda de gaitas El Trasno!». 

    El xurao destacóu nel acta as «búas ideas», a «búa técnica», el «bon sonido en conxunto», el «muito bon backsticking» (os toques alternando cua parte d’atrás y a punta dos palos) y os «bus cambeos de tempo». Nel campo, na entrega del premio, taba el director del festival, el asturiano Lisardo Lombardía, que felicitóu á banda del Trasno pol galardón núa edición con muito nivel.

    El Trofeo Guinness, que lleva celebrándose hai 26 anos nel Festival de Lorient, ten a modalidá pra bandas de gaitas y pras súas seccióis de percusión. É territorio vedao namáis pras formacióis d’Irlanda, Escocia y Bretaña qu’usan as gaitas de tipo escocés. Son poucos os anos en que dalgúa formación de fora d’esos trés países se decide a participar alomenos na modalidá de percusión. Nel 2003 xa lo fixeran La Raitana y Tabladar y quedaran segundos, mesmo posto qu’alcanzóu a banda naviega La Reina del Truébano nel 2008. Houbo qu’esperar al 2010 pra que chegara a primeira victoria asturiana da mao dos percusionistas das bandas Llariegu y Noega.

   El Trofeo Guinness prá Banda de Gaitas El Trasno vai sumarse nas vitrinas da formación cuañesa al Premio AMAS á miyor canción folk y al Premiu al Meyor Cantar, entrambos pol tema «Volviche», del sou disco Axeitín. Foron estos dous últimos anos tempos mui intensos prá banda, cua salida del sou primeiro disco, os reconocementos públicos, a xira de concertos col sou espectáculo y el sou viaxe a Oldenburgo (Alemania) pra participar nel Liet International. Lorient é un paso máis nese camín que, pol ben da música del occidente asturiano, esperamos que nun pare y que nos traiga máis sorpresas. Agayo vese que nun yes falta.
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 16/05/19 09:12:19 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Candalín Último post
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post
Fecha 02/11/18 06:06:43 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post