Foros » Novas » Novas » Trabatel |
Trabatel |
Redacción | 13/05/15 - 10:34:58 PM | #1 |
|
Administrador
Activación: 05-Oct 06 Mensaxes: 293 |
Xa se pode descargar el númaro 6 da revista Trabatel
Trabatel. Revista eonaviega de lliteratura presentóu el sou númaro 6 dentro del Homenaxe ás nosas lletras feito nel Auditorio das Quintas, na Caridá, el 2 de mayo. A revista, de carácter non venal, distribúyese por bibliotecas, conceyos, centros educativos y servicios de normalización del estremo occidental asturiano. Ademáis, pode pedirse un exemplar de baldre na dirección opll@asturias.org ou descargarse el PDF na web del Servicio de Política Lingüística.
A sesta entrega da revista vén con nomes novos y nomes xa conocidos. Entre as colaboracióis dos máis veteranos tán dúas poesías de Manuel García-Galano. É úa faceta na que se prodiga pouco y quixo apurrir dúas creacióis inéditas pra Trabatel. Tamén conocidos son Alfredo Álvarez de Ponticella, autor d’Al son das zalanceiras, que brinda cinco poesías; y Arturo Álvarez, Tangueiro, que publicóu el ano pasao a novela Vida maleva y que d’esta volta ofrece cinco microrrelatos.
Entre os nomes menos conocidos tán Alberto Castro Gión, que nunca publicara anque xa ganara núa ocasión el Premio Xeira y que trai un conto, «Río enriba». Desconocido dafeito prá literatura en galego-asturiano era Lorenzo Méndez Avello, que se dá a conocer col relato «Hora del patio». Pra rematar este recorrido por autores inéditos ta Luisa Méndez Fernández, úa escritora veterana xa en casteyano y asturiano y que s’estrena agora con cuatro poesías. Nel apartao de traduccióis son dous os contos que se publican: «El conto de xuyín», de Neil Gaiman, y «El veyo da ponte», d’Ernest Hemingway.
Como sempre, al final da revista reséñase a producción literaria publicada dende el último númaro de Trabatel, neste caso cinco títulos: úa novela, un ensayo, un poemario, un libro infantil y un libro de cómic.
D’esta volta, ilustran a portada y el interior da revista as fotos del valdeparego Eloy Couceiro. | |
| |
|