Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Setembre 2021»
DoMaXoVe
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Encuesta
¿Qué habería que cambiar en Falaviva?
El diseño da páxina
A regularidá das publicacióis
A diversidá de temas das noticias
El concepto «blog-foro»
Outra cousa
Enseñar resultaos

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Foros » Novas » Novas » Medio Ambiente
  
Medio Ambiente
Redacción
Fecha 22/12/14 - 11:39:13 PM#1
Administrador

Activación: 05-Oct 06
Mensaxes: 295
El Goberno asturiano dixo non á mina de Tapia


   Al cabo, despóis d’anos de luitas y preitos, de reclamacióis, movilizacióis, enfrentamentos entre vecíos y un ambiente de tensión política y d’intereses cruzaos que levaron hasta a un cambeo nel alcaldía de Tapia, el Principao acaba de dicir qu’a mina d’ouro nun se pode fer porque é inviable medioambientalmente.

   Este venres 19 de decembre a Comisión pr’Asuntos Medioambientales del Principao d’Asturias (CAMA) acordóu informar desfavorablemente a declaración d’impacto ambiental de todo el proyecto mineiro d’esplotación por interior del xacemento de Salave, nel conceyo de Tapia, con base nos informes negativos emitidos pola Confederación Hidrográfica del Cantábrico (CHC).  Os integrantes da CAMA, órgano colexao d’asesoramento medioambiental del Principao d’Asturias integrao por representantes del Administración autonómica y el Administración Xeneral del Estaou, votaron en contra del proyecto por unanimidá.

   A conseyeira de Fomento señalóu que se tratóu d’una decisión administrativa complexa pola dificultá técnica del proyecto y pol nivel tan alto de participación social, porque se presentaron 1.179 alegacióis. Destacóu qu’os informes desfavorables da Confederación Hidrográfica foron determinantes prá formulación da declaración d’impacto ambiental desfavorable. A conseyeira recordóu que CHC é, por lei, el organismo responsable d’administrar y controlar el dominio público hidráulico y hai que consideralo el máis cualificao pra interpretar el aplicación en Salave das esixencias da Directiva Marco del Augua, toda a lexislación hidráulica y a planificación hidrolóxica. «Quén nos dese qu’este proceso acabara d’outro xeito, con úa mina ambientalmente exemplar y creadora d’empreo, que cuntara col aprobación de todos os organismos públicos, peró nun foi posible», concluíu a conseyeira.

A declaración d’impacto ambiental
Nel 2012, el proyecto da mina sometérase a úa declaración d’impacto ambiental que nun autorizaba a pranta de tratamento del ouro –qu’incluía procesos con cianuro– y el depósito de residuos mineiros. Aquela decisión basárase en búa parte nun informe da CHC del 3 de xuyín del 2012. 

   A empresa, un ano despóis, en decembre del 2013, presentóu un estudio d’impacto ambiental ampliao unde suprimían nel tratamento os procesos d’oxidación a presión y de lixiviación con cianuro y menguaban el depósito de residuos mineiros al usárense pra encher a mina desque s’escavara. Houbo na tramitación ambiental nova dous periodos d’información pública (en decembre del 2013 y en agosto del 2014), unde se recibiron 823 y 356 escritos d’alegacióis, respectivamente, de personas y colectivos, y seis informes sectoriales das administracióis consultadas, entre elos os da CHC, de 31 de xeneiro y de 12 de setembre del 2014, ademáis da resposta a úa solicitú d’aclaración d’outubre, todos de carácter desfavorable.

   El espediente pasóu despóis da Dirección Xeneral de Mineiría y Enerxía da Conseyeiría d’Economía al órgano ambiental (Dirección Xeneral de Calidá Ambiental da Conseyeiría de Fomento, Ordenación del Territorio y Medio Ambiente), pra qu’emitise úa declaración d’impacto ambiental pra todo el proyecto.

   Os servicios técnicos da Conseyeiría de Fomento consideraron d’úa importancia especial el opinión desfavorable da CHC, polo que, aplicando el principio de dereto medioambiental de «precaución y cautela», propuxeron úa declaración d’impacto ambiental desfavorable tamén. Del mesmo xeito, túvose en conta qu’iba haber outros pasos posteriores na tramitación unde a CHC tía que fer pronunciamentos favorables pra qu’el proyecto podese ir avante: autorizacióis de verquido al dominio público hidráulico, informe vinculante pral autorización ambiental integrada del depósito de residuos mineiros y outros dous informes, ún determinante y outro vinculante, pra emitir na tramitación ambiental del cambeo del Plan Xeneral d’Ordenación de Tapia, imprescindible prá viabilidá urbanística del  proyecto mineiro.

   D’aquí a pouco ha a publicarse nel BOPA el texto da declaración d’impacto ambiental del proyecto, que se vai emitir con base nel informe desfavorable da CAMA.

Os argumentos desfavorables da CHC
Entre os perós qu’a CHC poñía al proyecto taban qu’el análisis d’alternativas da empresa nun era técnicamente correcto, y a que s’escoyera nun cumpría as esixencias da lexislación d’augua.

   En conto ás medidas correctoras sobre el dominio público hidráulico, al parecer da CHC nun s’estudiaran ben nin se consideran abondo pra garantizar que, nun posible funcionamento anómalo das instalacióis, nun se produciran daños graves por verquidos al augua. Tampouco se determinara correctamente el augua residual antias de tratarse, que tería concentracióis altas de metal y que nos meses de seca iba aumentar el caudal del Río d’Orxales.

    En conto ás escombreiras tampouco nun había nel proyecto da mina úa caracterización dos lixiviaos que saliran d’elas nin dos sous sistemas de depuración. Outro tanto se dicía da mina en conto á predicción de caudales y calidades del augua de drenaxe. Os Llagos de Silva tamén iban resultar afectaos porque a toira de pedra de debaxo iba resultar afectada cua escavación y os lagos podían sumirse embaxo.

   Os últimos perós importantes da CHC vían pola pranta de tratamento de mineral, unde podía reverquer el augua ou haber accidentes de xeito que chegaran os contaminantes al Río da Muria; tamén pol depósito de residuos despóis de qu’a mina zarrara: al parecer da Confederación Hidrográfica, elementos ben contaminantes como arsénico, antimonio, cobalto ou manganeso iban quedar nel depósito centos d’anos, col peligro de que chegaran dacondo al sistema hídrico da contornada.

Satisfacción en ORO NO
A Plataforma ORO NO amostróu a súa alegría pola decisión del Goberno asturiano a través da Comisión d’Asuntos Medioambientales. Pra esta asociación, nun había outra que refugar el proyecto d’Asturgold porque nun cumpría a normativa y era inviable medioambientalmente.

   Pra ORO NO, con esta decisión respétase el sentir mayoritario da población, que vía neste proyecto úa amenaza non solo al medioambiente senón tamén al sou xeito de vida: turismo, ganadeiría, pesca y agricultura. Esperan qu’esto torne cualquera outro intento futuro de sacar ouro núa contornada que nun pode asumir úa esplotación mineira d’este tipo. Prá plataforma einda quedan temas por zarrar, como a caducidá das concesióis mineiras, que ye parece que tán caducadas y sin efecto.

   Pr’acabar, amostran el sou agradecemento a todas as personas, organizacióis y institucióis que los apoyaron na luita contra el proyecto d’Asturgold.
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 17/09/21 01:55:08 PM
» Nosoutros: os asturia...
Por: Redacción Último post
Fecha 23/01/21 02:34:03 PM
» Oficial: pro namáis u...
Por: Redacción Último post
Fecha 16/05/19 09:12:19 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Candalín Último post
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post