| Foros » Novas » Novas » Tradición |
Tradición |
| Redacción | 03/08/12 - 09:13:41 PM | #1 |
|
Administrador
Activación: 05-Oct 06 Mensaxes: 206 |
Celébrase no Chao a novena Malla do trigo
O venres 17 e o sábado 18 d'agosto vai celebrarse no Chao, capital do concello de San Tiso d'Abres a novena edición da Malla do trigo. Esta amostra de cultura tradicional ta organizada pola Asociación Cultural San Tirso del Eo e ten como fin enseñar ás novas xeneracióis unha parte da súa terra e gardar un petuño de costumes que se mantéin vivas na memoria das personas máis vellas.
O venres vai ser a apertura do evento. Ás dez da noite van empezar as gaitas a súas, ha medarse o trigo e vaise poder ciar por 5€. A festa d'este día é a antesala do que vai pasar ao día seguinte, o sábado, xornada na que, dende pola mañá hasta a noite, se van centrar os actos da malla.
Dentro do Plan de Recuperación da Cultura Tradicional, a Asociación Cultural San Tirso del Eo, nesta IX Malla do Trigo, trai a O Chao un grupo de xente qu'ha participar na recuperación da colleita tradicional do trigo na Xunta de Mallas, unde s'han xuntar os vecíos de varios lugares pra traballar. "O sábado, como todos os anos", esplica a asociación no seu comunicado de prensa, "a comida vai servirse ás dúas da tarde y ha tar composta polo cocido típico dos días de xeira agrícola e o precio será de 12 €, qu'incluye prato e bebida".
Haberá tamén música tradicional durante todo o día e dalgunha qu'outra rifa y sorteo pr'animar ao público asistente a costear os gastos d'organización. Ademáis, a Malla do Trigo d'este ano, conta coa actuación do grupo de baile "Nasyp" de Kabardino (Balkania - Rusia).
A Asociación Cultural San Tirso del Eo ten aberto un Facebook e un Twitter co hastag #malladotrigo, unde s'ha poder seguir informáticamente todo o evento. | |
| |
|