Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Galería
» Contacto

Calendario
«Setembre 2010»
DoMaXoVe
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta
¿Qué che parez a destitución de Pepe El Ferreiro?
Mal. É úa cacicada.
Ben. Nun era un bon xestor.
Mal. Anque nun era bon xestor, era el alma del mus
Nun sei. Debe haber máis detrás.
Enseñar resultaos

Foros » Novas » Novas » Artículo
  
Artículo
Galano
Fecha 04/02/10 - 12:37:11 PM#1
Administrador

Activación: 11-Aug 09
Mensaxes: 8
http://www.falaviva.net/uploads/foto_pequena_Galano.jpg


LLUITOS

Manuel García-Galano


    El lluito, máis concretamente el lluito na roupa, esa mostra pra fora da pena que se sinte pola morte d’un ser querido y que na nosa terra tuvo úas esixencias abondo rigorosas noutros tempos, tamén se foi suavizando a medida de que nos fomos abrindo a outros xeitos de pensar que nos pintaron máis razonables y tamén fomos desprendéndonos d’ese tremendo medo al qué dirán que nos pueblos pequenos tía atosigada á xente nestos casos nos que se trataba de respetar, ou non, costumes que vían de mui llonxe.

    Como mostra, diréi qu’era tremendo, sobre todo pras muyeres –pois os homes amañábanlo con úa franxa moura na manga ou na solapa–  cumprir aquellos prazos llarguísimos de lluito rigoroso condo se trataba d’un familiar mui achegado. Nel  caso d’úa viuda, xa se sabía qu’el lluito era de por vida, peró úa moza solteira que perdía a sou padre ou a súa madre naide la llibraba d’un ano entero non solo enlluitada de riba a embaxo, sinón que, ademáis, nun podía asistir a baile nin festa sin resgo de salir na boca d’algúa xente –«ten ben pouco dolo de sou padre»–; y despóis, outro ano vestida d’alivio, y inda con certo medo –«esa tela píntame algo chamadeira»–. Y eso si al acabar el prazo nun ye moría un parente que tía nun sei únde, que nun era raro el caso tampouco, y entoncias xa era el acabóuse.

    Mete medo acordarse d’aquello. Y é qu’inda había máis: núa casa na que morira daquén de pouco, de ningún xeito podía suar a música. É verdá que naquel entoncias tampouco había muito con qué fella agá si na casa tian un fonógrafo, peró nos primeiros anos treinta del siglo pasado, condo empezaba a chegar algún qu’outro aparato de radio –sí  qu’inda poucos– calquera que teña úa edá parecida á mía s’acordará de casos nos qu’ocurría esto. Cómo sería, qu’hasta condo os nenos salíamos en peteiros a pedir el guinaldo, al chegar ás portas das que xa nos apercibiran nas nosas casas, fíamos a pergunta de «cantado ou sin cantar». Y é que se chegaba a estos estremos.

   Peró bueno, tres cuartos de siglo dan pra cambiar muitas cousas. Malo fora.
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
Asturchale ;)
Fecha 04/02/10 - 04:41:52 PM#2
Amigo de FalaVIVA

Activación: 13-Nov 06
Mensaxes: 128
É increíble a opresión que sufriron (y einda sufren) as muyeres por úa serie de costumes arraigados. Ta ben (y é normal) sintir dolo condo morre daquén achegao, y é normal manter un lluito, peró d'ei a nun deixar a xente siguir cua súa vida (y é qu'a vida sigue, pra os que quedan) é úa verdadeira pena. Tamén é úa pena qu'a xente nun teña outro miyor que fer que ter na boca todo el día el que fain ou deixan de fer os demás.
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
Citar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha ayer 08:52:23 PM
» Premio: poesía
Por: corresponsal Último post
Fecha 04/09/10 01:25:19 PM
» Novedá: narracióis
Por: Avilesín Último post
Fecha 03/09/10 05:17:36 PM
» Úa situación pra chor...
Por: cotarelo Último post
Fecha 30/08/10 01:26:29 AM
» Toponimia
Por: Asturchale ;) Último post
Fecha 14/08/10 08:41:10 PM
» FIDO
Por: Redacción Último post

Estadísticas del Sito
» Total d´usuarios: 77
» Último Rexistrao: Cándida Freije Suárez
» Usuarios Online: 0
» Convidaos Online: 2