| Foros » Novas » Novas » Artículo |
Artículo |
| Galano | 04/02/10 - 12:37:11 PM | #1 |
|
Administrador
Activación: 11-Aug 09 Mensaxes: 8 |
LLUITOS Manuel García-Galano
El lluito, máis concretamente el lluito na roupa, esa mostra pra fora da pena que se sinte pola morte d’un ser querido y que na nosa terra tuvo úas esixencias abondo rigorosas noutros tempos, tamén se foi suavizando a medida de que nos fomos abrindo a outros xeitos de pensar que nos pintaron máis razonables y tamén fomos desprendéndonos d’ese tremendo medo al qué dirán que nos pueblos pequenos tía atosigada á xente nestos casos nos que se trataba de respetar, ou non, costumes que vían de mui llonxe.
Como mostra, diréi qu’era tremendo, sobre todo pras muyeres –pois os homes amañábanlo con úa franxa moura na manga ou na solapa– cumprir aquellos prazos llarguísimos de lluito rigoroso condo se trataba d’un familiar mui achegado. Nel caso d’úa viuda, xa se sabía qu’el lluito era de por vida, peró úa moza solteira que perdía a sou padre ou a súa madre naide la llibraba d’un ano entero non solo enlluitada de riba a embaxo, sinón que, ademáis, nun podía asistir a baile nin festa sin resgo de salir na boca d’algúa xente –«ten ben pouco dolo de sou padre»–; y despóis, outro ano vestida d’alivio, y inda con certo medo –«esa tela píntame algo chamadeira»–. Y eso si al acabar el prazo nun ye moría un parente que tía nun sei únde, que nun era raro el caso tampouco, y entoncias xa era el acabóuse.
Mete medo acordarse d’aquello. Y é qu’inda había máis: núa casa na que morira daquén de pouco, de ningún xeito podía suar a música. É verdá que naquel entoncias tampouco había muito con qué fella agá si na casa tian un fonógrafo, peró nos primeiros anos treinta del siglo pasado, condo empezaba a chegar algún qu’outro aparato de radio –sí qu’inda poucos– calquera que teña úa edá parecida á mía s’acordará de casos nos qu’ocurría esto. Cómo sería, qu’hasta condo os nenos salíamos en peteiros a pedir el guinaldo, al chegar ás portas das que xa nos apercibiran nas nosas casas, fíamos a pergunta de «cantado ou sin cantar». Y é que se chegaba a estos estremos.
Peró bueno, tres cuartos de siglo dan pra cambiar muitas cousas. Malo fora. | |
| |
|
| Asturchale ;) | 04/02/10 - 04:41:52 PM | #2 |
|
Amigo de FalaVIVA
Activación: 13-Nov 06 Mensaxes: 128 | É increíble a opresión que sufriron (y einda sufren) as muyeres por úa serie de costumes arraigados. Ta ben (y é normal) sintir dolo condo morre daquén achegao, y é normal manter un lluito, peró d'ei a nun deixar a xente siguir cua súa vida (y é qu'a vida sigue, pra os que quedan) é úa verdadeira pena. Tamén é úa pena qu'a xente nun teña outro miyor que fer que ter na boca todo el día el que fain ou deixan de fer os demás. | |
| |
|