Navegación Xeneral
» Empezo
» Foro
» Buscar
» Enlaces
» Contacto

Calendario
«Xuyín 2020»
DoMaXoVe
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Eventos pra hoi
Nun hai eventos pra hoi

Encuesta

Foros » Lingua » Lingua » El diptongo -ei-
  
El diptongo -ei-
Candalín
Fecha 02/07/09 - 12:18:34 AM#1
Usuario que empeza

Activación: 17-Dec 08
Mensaxes: 33
Un dos llastres das llinguas minoritarias è ter que soportar a preseón das llinguas de sou entorno, que nel caso del gallego-asturiano agrávase por tar dependèndo da filoloxía oficial del ALLA y dúa relaceón predefinida col bable-asturianu, úa llingua felizmente reconstituida y en franco proceso d’expanseón.

Mais nun pòdo deixar de notar el distinto trato que vèn dándose’l gallego-asturiano escontra el asturianu, y a distinta vara de medir que tèn el ALLA pra con nos. Magar qu’en asturianu a exceiceón è a norma, y asi fenómenos verdadeiramente inusuales y desconocedos nel seculo XIX como el noutro de materia sòn hoy norma xeral y dogma de fe, en gallego-asturiano el tratamènto è precisamente à inversa colquèr vulgarismo ou castellanismo, colquèr expreseón que desvíese de sou orixe y da regra acóyense sen reparos pois sòn expreseón del caráuter de transiceón da fala.

Prèstame hoy refrirme, al tratamènto dos diptongos decrecèntes na fala y del prestoso artigo del profesor da universidá d’Uvieu Fernando Alvárez-Balbuena “dereto, estreto, folleto, un proceso de eliminaceón dos diptongos decrecèntes en Gallego asturiano”. Pretènde en dito artígo xustificar os excesos dos primeiros tratadistas de gallego-asturiano que recoyèron como xeralizados determinados castellanismos dos falantes que tendían a suprimir diptongos decrecèntes. Abónda el artigo en como armonizar tales conclusióis cos estudios de asturianu oucidental que daban por xeralizados estos diptongos, (na práctica mais ralos entre os falantes del asturianu que entre nos).

Alvárez Balbuena atopa úa expricaceón na influenza da vougal pechada sobro as vougales abèrtas y medio abèrtas que producen l’efecto de pechar mais el diptongo, y que expricarían que da feito veñan a pechar a vougal tónica en expresiois como raiz>reiz, maiz>meiz, etc... Tal fenómeno tería úa evoluceón distinta segón seña vougal –a-, -e- o –ε. Asina a vougal -a- evoluceonaría al diptongo ei,-evoluceón que è xeral nas llinguas gallego portuguesas y n’asturianu oucidental deitar (lat. iactare), deixar (lat. laxare), feito (lat. factum), queixo (lat. casus), freixo (lat. fraxinus), meiga (magus-a), meixilla (maxillia), etc.- magar ca vougal –e- y –ε- evoluceonarían a –e- pechada.

Tan suxerente expricaceón quèbra pollo desconocemènto palmario que tèn Alvárez Balbuena del gallego-asturiano, cayèndo nalgus errores de bulto, como el afirmar a esqueisez de textos medèvales en gallego-asturiano, acorrèndo al cartulario de Corias pra expricar a evoluceón del diptongo -ei-,  (condo precisamente a situaceón è a inversa, è el asturianu el que esqueice d’antecedentes nos cartularios medèvales y nun nos, que temos nel cartulario de Oscos mais de trescèntos documentos en gallego-portugués medèval que nos indican con craridá a evoluceón d’esta llingua nos séculos XII al XVI).

Fòra de consideraciois formales, el error fundamental de Alvárez Balbuena è a lligazón qu’el falante da comarca tèn entre a –e- abèrta y pechada coa –e- castellà. Xustifica asina a ineixistenza dun castellanismo na expreseón madera col seguènte argumento:

“È importante indicar qu’a forma galego-asturiana madera nun pode interpretarse en ningún caso como asturianismo ou castellanismo, xa qu’el timbre da vougal tónica è /e/ y no ε como presenta nestos casos en castellanismos: carretera, borrachera, panera, quimera, pola mesma razón tampouco nun poden considerarse asturianismo ni castellanismos as voces galego-asturianas entero y madero”.

Escontra a –e- pechada a máis común y normal en gallego-asturiano casa miyor coa –e- castellà. Mais como sinala García García se bèn el sonido da –e- pechada correspóndese coa –e- castellà, dado el caráuter marcado das vougales castellàs, condo’l falante pretende imitar al castellán o simplemente por parecerye mais dacòrdo coa pronunceaceón castellà emprega -è- abèrta así pesèta, èste, telèfono, se bèn precisa, García García condo asina proceden os falantes é por simple hipercorreceón pois mais normal tá en gallego-asturiano el emprego da e pechada en castellanismos. Véxase García García EHF 27.

Da feito García García, quèn è especealmente escupiloso respeuto à distinceón entre -e- abèrta y pechada, nun distingue y recoye con -e- pechada, tando as mesmas coas palabras -carretera-, (EHF261), -borrachera-, -panera- y -quimera-. En consecuenza y pollo que reférese al conceyo del Franco a expreseón –madera- è puro castellanismo.

Seña como fòra nun entèndo Èu muito bèn el alcance del pretendido fenómeno. Alvárez-Balbuena pòn as seguintes amòsas:

Con –e- pechada: entero>lat. intěgrum; Madera> lat. matěria; peto>pěctum;  proveto>profěctum; seta>sectam; ¿setar?>sěctare

Con e abèrta: derēto>lat. dirēctum; fonteta (topónimo nun entèndo Eo a evoluceón del llatín que propón); tamén con –e- ¿abèrta? procedente de -i- llatina: estreto>strictum; foleto>filictum; pexe>piscem; (escapame nesto a sua expricaceón pois solo fala de –a-, -e- y –ε- nun de –i-).

Cita tamén tolleto máis esta palabra veñe del gallegoportugués tolleito, participeo del verbo toller (cortar) y  a súa vez del llatín tallare, por tanto è –a y no –e abèrta. “Salvo toller e nader se mester for” que recoye'l cartulario d’ozcos.

Dentro da relaceón tan palabras que nengúa relaceón tèn entre sí. Así atopamos xunto a úa anticipacion duna yod epéntica como nel caso de madeira>materia, úa vougalizaceón dúa oclusiva como enteiro>integrum,  a evoluceón del grupo –sc- como piscem o a conocida evoluceón del grupo -ct a -it.

Alvárez Balbuena reconoce qu’el diptongo –ei- procedente tanto da vougal -e- breve como da -e- larga existiu orixinariamente tamèn en gallego-asturiano, - senon nun tería expricaceón a dixebra col asturiano occidental-, se bèn úa evoluceón posterior da llingua gallego-asturià simplificou el diptongo y fizo esqueicer a vougal pechada -i-. De tal xeito, pra Alvárez Balbuena, sería perfeutamente expricable dende se mesma sen necesidá d'acudir à influenza del asturianu, (nun sería tampouco esperabre pois el asturianu oucidental reconoce el grupo -eit), ni oubeamente del castellano, (pois al parecer el caráuter billingüe da poblaceón nún è un fautor a ter en cònta pra Alvárez Balbuena).

Tales conclusiois nún tan en modo algún xeralizadas. García García recoye: peixe (EHF 35, 82, 85, 103, 280, etc), Fernández Vior (EHV 79, 137, 160, 369), estreito (EHF 69, 85), tamén Acevedo y Huelves y  Suárez Fernández pra Mantarás, peito (EHF 70), proveito (EHF 70, 96) en verdade cóstame as de Caín pronuncear proveto). En conto a palabra –entero-parezme senón un cultismo un castellanismo, pois el proprio García García reconoce ca vougalizacion das oclusivas trabadas è xeralizada. Fernández Vior que reconoce el mesmo fenómeno, recoye a voz enteiro en muitas ocasiois, (EHV 114, 120, 370) Respeuto de -dereito-García García  recoye as dous formas se bèn Acevedo y Fernández, inda sólo rexistra –dereta-. Outros autores mais recèntes F. Vior y Suárez Fernández acoyen nún momento nel qu’el castellán tá mais xeralizado dereta y dereto. Nel cartulario de Oscos temos un documento tardío de 1.466 que recoye a voz dereto, se bèn nel resto dos documentos se recoye sèmpre dereito y dereita nun ouservándose vacilaceones al respeuto.

El razoamènto de Alvárez Balbuena tampouco da expricaceón à evoluceón del grupo –ct, ante vougal pechada, estrictum>estreito> estreto como fructum>fruito>fruto recoyida tamén en muitos conceyos y que nún tèn outra expricaceón ca de ser manifèstos castellanismos, véxase senon truita (tructa), muito (multus), etc, (aco nun vale falar da influenza da vocal pechada por que ambas sòn pechadas)

Recoyo por último outras evoluciois da -e- breve llatina xeralmente reconocidas por todos os tratadistas en gallego-asturiano: eiglexia>ecclesiam, queimar>cremare), reigaño (re-ger. waidanjan), esqueicer>esquècer (se bèn puidèra proceder del llatín –excarpsus-)

En conclusion:

- Nún ta xeralizada a evoluceón e/ε>-ei>-e en gallego-asturiano.
- Nos mais dos casos a evoluceón –ei a –e è pura influenza da pronunceaceón castellà.
- El efeuto da vougal pechada sobre a evoluceón del diptongo -ei- è común a todas as llinguas galaicófonas y al asturianu oucidental nun dándose ningúa particularidá pollo feito de distinguir entre vougales abèrtas e pechadas.
DesconectaoPerfilMensaxe Privao
SitoCitar
  
Usuarios
Usuario:
Clave:
Perdín a mía Clave

Últimos 5 temas activos
Fecha 16/05/19 09:12:19 PM
» Deretos lingüísticos
Por: Candalín Último post
Fecha 03/03/19 11:20:15 AM
» Memoria histórica
Por: Redacción Último post
Fecha 15/12/18 02:04:00 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post
Fecha 13/12/18 04:50:02 PM
» Normalización
Por: Redacción Último post
Fecha 02/11/18 06:06:43 PM
» Literatura
Por: Redacción Último post