|
|
Calendario |
| Do | Lú | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | | | | | | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Encuesta |
¿Qué habería que cambiar en Falaviva? | El diseño da páxina [301 v.] | 30.3% | |
| A regularidá das publicacióis [135 v.] | 13.6% | |
| A diversidá de temas das noticias [110 v.] | 11.1% | |
| El concepto «blog-foro» [109 v.] | 11% | |
| | Total de votos: 992 |
Eventos pra hoi |
Nun hai eventos pra hoi |
|
Foros » Novas » Novas » Normalización |
Normalización |
Redacción | 19/06/18 - 07:43:43 PM | #1 |
| Administrador
Activación: 05-Oct 06 Mensaxes: 298 |
Apróbase a toponimia oficial de Villayón El Boletín Oficial del Principao d’Asturias (BOPA) publicóu este lúis 18 de xunio a toponimia oficial del conceyo de Villayón, que pasa a sustituír ás denominacióis oficiales anteriores pr’axeitalas ás formas tradicionales. El criterio que se sigue nel proceso de recuperación toponímica é el respeto á realidá lingüística de cada territorio, polo que nesta lista pódese ver qu’hai topónimos con úa ortografía diferente dependendo de que tían na zona del conceyo unde se fala asturiano occidental ou na parte que fala en galego-asturiano.
A partir d’agora, «Ponticiella» pasa a ser Ponticella, «La Linera» xa é La L.liera, «Lendequintana» é oficialmente Llandequintá y «Candanosa de Solares» chámase como sempre se chamóu: As Candaosas. Trátase d'un proceso guiao pola intención de respetar un patrimonio como el da toponimia que sufríu úa deformación que foi escondendo a realidá da pronunciación popular, ben porque s'acasteyanóu artificialmente ou ben porque a forma documental arcaica que se perpetuóu pol uso administrativo xa nun era fiel á evolución lingüística que se deu en boca dos falantes.
A pesar da normalidá del proceso, que primeiro levóu un trabayo de campo, úas reunióis da Xunta Asesora de Toponimia, el aprobación nel pleno municipal y el aprobación posterior en Conseyo de Goberno, nunca se pode saber qué vai pasar. Hai qu'esperar, como sempre que s'aprobóu dalgún espediente toponímico, se a dirección de dalgún periódico asturiano decide ou non crear úa polémica artificial cuas entrevistas y os titulares convenientes.
Según señala el decreto d'oficialización, a partir d'agora as únicas formas oficiales son as que se publican nel BOPA y as administracióis tein qu'ir axeitando el uso y a rotulación a esa realidá legal nova.
Na zona del galego-asturiano namáis quedan por aprobar os espedientes dos conceyos d’Eilao, Navia, Cuaña, Castripol, Ibias y Ayande. | | | | |
|
|
|